Manual do Usuario do Nokia 5230
Edición 5.0
DECLARACIÓN DE CONFORMIDADE
Pola presente, NOKIA CORPORATION afirma que este produto RM-588 cumpre cos
requirimentos básicos e con outras condicións relevantes da Directiva 1999/5/CE.
Pódese consultar unha copia da Declaración de conformidade na páxina http://
www.nokia.com/phones/declaration_of_conformity/.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Nokia, Nokia Connecting People, Nokia Care y Ovi son marcas comerciais ou marcas comerciais rexistradas de
Nokia Corporation. Nokia tune é unha melodía rexistrada de Nokia Corporation. O resto de produtos e nomes
de compañías mencionados neste documento poden ser marcas comerciais ou marcas comerciais rexistradas
dos seus respectivos propietarios.
A reprodución, transferencia, distribución ou almacenaxe de todo ou parte dos contidos deste documento, de
calquera modo e sen o previo consentimento por escrito de Nokia está prohibido. Nokia opera cunha política
de desenvolvemento continuo e resérvase o dereito a efectuar modificacións e melloras en calquera dos
produtos descritos neste documento sen previo aviso.
Java and all Java-based marks are trademarks or registered trademarks of Sun Microsystems, Inc.
Portions of the Nokia Maps software are ©1996-2010 The FreeType Project. All rights reserved.
Este produto autorízase baixo a licenza MPEG-4 Visual Patent Portfolio License que permite ao usuario (i) o uso
persoal e non comercial en conexión con información que se codificou cumprindo co estándar visual MPEG-4
por un usuario nunha actividade persoal e non comercial e (ii) o uso en conexión con vídeo MPEG-4
proporcionado por un fornecedor de vídeo con licenza. Non se concede ningunha licenza nin se implica para
calquera outro uso. É posible obter información adicional, incluíndo a relacionada cos usos promocionais,
internos e comerciais, de MPEG LA, LLC. Visite a páxina http://www.mpegla.com.
NA MÁXIMA MEDIDA PERMITIDA POLA LEXISLACIÓN APLICABLE, NIN NOKIA NIN NINGÚN DOS SEUS LICENZANTES SE
RESPONSABILIZARÁ BAIXO NINGUNHA CIRCUNSTANCIA DA PERDA DE DATOS OU INGRESOS NIN DE NINGÚN DANO
ESPECIAL, INCIDENTAL, CONSECUENTE (LUCRO CESANTE) INDIRECTO, INDEPENDENTEMENTE DA SÚA CAUSA.
OS CONTIDOS DESTE DOCUMENTO FORNÉCENSE "TAL CAL". SALVO QUE ASÍ O ESIXA A LEI APLICABLE, NON SE OFRECERÁ
NINGÚN TIPO DE GARANTÍA, EXPRESA OU IMPLÍCITA, INCLUÍDA, PERO SEN LIMITARSE A ELA, A GARANTÍA IMPLÍCITA
DE COMERCIABILIDADE E ADAPTACIÓN A UN PROPÓSITO CONCRETO CON RESPECTO Á EXACTITUDE, FIABILIDADE E
CONTIDO DESTE DOCUMENTO EN CALQUERA MOMENTO SEN PREVIO AVISO. NOKIA RESÉRVASE O DEREITO DE REVISAR
OU RETIRAR ESTE DOCUMENTO EN CALQUERA MOMENTO SEN PREVIO AVISO.
A enxeñería inversa do software do dispositivo está prohibida na medida permitida pola lexislación aplicable.
Na medida en que esta guía de usuario contén limitacións nas representacións, garantías, danos e
responsabilidade de Nokia, é moi probable que as limitacións mencionadas limiten as representacións, as
garantías e os danos e responsabilidades dos outorgantes de licenza de Nokia.
A dispoñibilidade de aplicacións, produtos e servizos concretos pode variar segundo a rexión xeográfica. Póñase
en contacto co seu distribuidor Nokia para coñecer os detalles e a dispoñibilidade dalgúns idiomas. Este
dispositivo pode conter elementos, tecnoloxía ou software suxeitos á lexislación de exportación e ás normativas
dos Estados Unidos e doutros países. Queda prohibida calquera alteración contraria ás disposicións da
lexislación correspondente.
AVISO DO INDUSTRY CANADA/FCC
É posible que o dispositivo provoque interferencias nos televisores ou aparatos de radio (por exemplo, se utiliza
un teléfono preto dun equipo receptor). É posible que a FCC ou Industry Canada esíxanlle que deixe de utilizar
o teléfono no caso de que non se poidan eliminar as mencionadas interferencias. Se necesita asistencia técnica,
póñase en contacto co centro de servizo técnico local. Este dispositivo cumpre coa sección 15 do regulamento
da FCC. O seu funcionamento está suxeito ás dúas condicións seguintes: (1) Este dispositivo non debe provocar
interferencias perigosas e (2) este dispositivo debe aceptar as interferencias recibidas, incluídas as que
provoquen un funcionamento non desexado. Calquera cambio ou modificación que non se aprobe de xeito
expreso por Nokia podería anular a autorización do usuario para utilizar este equipo.
Algunhas operacións e funcións dependen da tarxeta SIM e/ou da rede, das MMS ou da compatibilidade dos
dispositivos e dos formatos de contido admitidos. Algúns servizos están suxeitos a tarifas independentes.
É posible que o dispositivo dispoña de favoritos e ligazóns de sitios web de terceiras partes preinstalados.
Tamén é posible acceder a outros sitios web de terceiras partes mediante o dispositivo. Os sitios web de terceiras
partes non teñen ningún tipo de relación con Nokia, polo que Nokia non asumirá ningunha responsabilidade
correspondente a eles. Se decide acceder aos sitios mencionados, deberá tomar precaucións relacionadas coa
seguridade ou cos contidos.
/Edición 5.0 GL