Nokia 5230 - Aumento da duración da batería

background image

Aumento da duración da batería

Neste dispositivo existen moitas funcións que aumentan o consumo de enerxía e

reducen a duración da batería. Para aforrar enerxía da batería, teña en conta o

seguinte:
● O consumo de batería aumenta coas funcións que utilizan a conectividade

Bluetooth, ou cando permite que estas funcións se executen en segundo plano

mentres utiliza outras. Desactive a conectividade Bluetooth cando non a

necesite.

● Se seleccionou Packet data connection > When available nos axustes de

conexión e non existe cobertura de paquete de datos (GPRS), o dispositivo tenta

establecer periodicamente unha conexión de paquete de datos. Para aumentar

a duración do funcionamento do teléfono, seleccione Packet data

connection > When needed.

● A aplicación Mapas descarga nova información do mapa cando vostede se

despraza ata novas zonas deste, o que aumenta o consumo de enerxía da batería.

É posible evitar a descarga automática de novos mapas.

● Se a potencia do sinal da rede móbil varía considerablemente na súa zona, o

dispositivo buscará a rede dispoñible repetidamente. Isto aumenta o consumo

da enerxía da batería.
Se se axusta o modo de rede en modo dual nos axustes de rede, o dispositivo

buscará a rede 3G. Para que o teléfono utilice só a rede GSM, seleccione Menu >

Settings e Connectivity > Network > Network mode > GSM.

● A luz de fondo da pantalla aumenta o consumo da enerxía da batería. Nos axustes

de pantalla, é posible axustar o brillo da pantalla e modificar o tempo de espera

tralo cal se apaga a luz de fondo. Seleccione Menu > Settings e Phone >

Display > Brightness ou Light time-out.

● Deixar que as aplicacións se executen en segundo plano aumenta o consumo de

enerxía da batería. Para acceder as aplicacións que non está usando, manteña

premida a tecla de menú e seleccione a aplicación.

Axuda

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

15