Axuda do dispositivo
O teléfono contén instrucións que lle axudarán a empregar as aplicacións que se
inclúen nel.
Para abrir textos de axuda do menú principal, seleccione Menu > Help e a
aplicación cuxas instrucións desexa ler.
Cando unha aplicación se atopa aberta, seleccione Options > User guide para
acceder á axuda correspondente á vista actual.
Cando estea a ler as instrucións, seleccione Options > Decrease font size ou
Increase font size para cambiar o tamaño do texto de axuda.
Pode que atope ligazóns aos temas relacionados ao final do texto de axuda. Se
selecciona unha palabra subliñada, amosarase unha breve explicación. Os textos de
axuda utilizan os seguintes indicadores: Ligazón a un tema da axuda
relacionado. Ligazón á aplicación que se está a tratar.
Ao ler as instrucións, seleccione Options > Show open applications e a aplicación
desexada para cambiar entre os textos de axuda e a aplicación que está aberta no
segundo plano.