O software actualízase polo aire
Seleccione Menu > Applications > SW update.
Coa actualización de software (servizo de rede), pode comprobar se hai
actualizacións dispoñibles para o software ou aplicacións do dispositivo e
descargalas no seu dispositivo.
A descarga de actualizacións de software pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos (servizo de rede).
Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de carga suficiente ou conecte
o cargador antes de iniciar a actualización.
Aviso: Se instala unha actualización de software, non poderá utilizar o
dispositivo, nin sequera para efectuar chamadas de emerxencia, ata completar a
instalación e reiniciar o dispositivo. Asegúrese de efectuar unha copia de seguridade
dos datos antes de aceptar a instalación dunha actualización.
Despois de actualizar o software ou aplicacións do dispositivo mediante
actualización de software, é posible que as instrucións funcionais relacionadas coas
aplicacións actualizadas da guía de usuario ou as axudas non estean actualizadas.
Para descargar as actualizacións dispoñibles, seleccione . Para desmarcar as
actualizacións específicas que non quere descargar, seleccione as actualizacións da
lista.
Axuda
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
12
Para ver información sobre unha actualización, seleccione a actualización e .
Para ver o estado das actualizacións anteriores, seleccione .
Seleccione Options e entre as seguintes:
● Update via PC — Actualizar o dispositivo utilizando un PC. Esta opción substitúe
a opción Start update cando as actualizacións só están dispoñibles utilizando a
aplicación Nokia Software Updater PC.
● View update history — Permite visualizar o estado das actualizacións
anteriores.
● Settings — Modificar os axustes, como o punto de acceso predeterminado para
descargar actualizacións.
● Disclaimer — Ver o acordo de licenza de Nokia.