Restrición de chamadas
A restrición de chamadas (servizo de rede) permite restrinxir as chamadas que
realice ou reciba co dispositivo. Por exemplo, pode restrinxir todas as chamadas
internacionais saíntes ou entrantes cando se atopa no estranxeiro. Para cambiar os
axustes, necesita obter o contrasinal de restrición do seu fornecedor de servizos.
Seleccione Menu > Settings e Calling > Call barring.
Cando se atopan activadas as funcións de seguridade que restrinxen as chamadas
(coma a restrición de chamadas, os grupos de usuarios pechados e a marcaxe fixa),
pode que sexa posible efectuar chamadas ao número de emerxencia oficial
programado no dispositivo. O desvío e restrición de chamadas non poden estar
activos ao mesmo tempo.
Axustes
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
152
Restrición de chamadas de voz
Seleccione a opción de restrición desexada e Activate, Deactivate ou Check
status. A restrición de chamadas afecta a todas as chamadas, incluídas as chamadas
de datos.
22. Solución de problemas
Para ver preguntas frecuentes sobre o seu dispositivo, consulte as páxinas de
asistencia técnica do produto na páxina www.nokia.com/support.
P: Cal é o meu contrasinal para os códigos de bloqueo, PIN ou PUK?
R: O código de bloqueo predeterminado é 12345. Se esquece o código, póñase en
contacto co provedor do teléfono. Se esquece un código PIN ou PUK ou se non recibiu
dito código, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos de rede. Se desexa
obter máis información sobre os contrasinais, póñase en contacto co fornecedor do
seu punto de acceso, por exemplo, un fornecedor de servizos da Internet comercial
(ISP) ou un fornecedor de servizos de rede.
P: Como pecho unha aplicación que non está a responder?
R: Manteña premida a tecla Menú. Manteña seleccionada a icona da aplicación e
seleccione Exit.
P: Por que as imaxes semellan borrosas?
R: Asegúrese de que as ventás de protección do obxectivo da cámara estean limpas.
P: Por que cada vez que acendo o dispositivo aparecen puntos
descoloridos, brillantes ou que non aparecen na pantalla?
R: Esta é unha característica propia deste tipo de pantalla. É posible que algunhas
pantallas conteñan píxeles ou puntos que permanecen activados ou desactivados.
Isto é normal, non se trata dun fallo.