Actualizacións do dispositivo
Seleccione Menu > Settings e Phone > Phone mgmt. > Device updates.
Con Actualizacións do dispositivo, pode conectarse a un servidor e recibir axustes
de configuración para o dispositivo, crear novos perfís de servidor, ver versións de
software existente e información do dispositivo ou ver e xestionar perfís de servidor
existentes.
Se a súa rede admite a transmisión de actualizacións de software, tamén poderá
solicitar actualizacións mediante o dispositivo.
Pode recibir perfís de servidor e axustes de configuración diferentes dos seus
fornecedores de servizo e do departamento de xestión da información da empresa.
Estes axustes de configuración poden incluír conexións e outros axustes utilizados
por diferentes aplicacións no dispositivo.
Para conectarse a un servidor e recibir os axustes de configuración no seu
dispositivo, seleccione Options > Server profiles, un perfil e Options > Start
configuration.
Para crear un perfil de servidor, seleccione Options > Server profiles >
Options > New server profile.
Para eliminar un perfil de servidor, seleccione o perfil e Options > Delete.
Para comprobar se existen actualizacións de software, seleccione Options > Check
for updates.
Aviso: Se instala unha actualización de software, non poderá utilizar o
dispositivo, nin sequera para efectuar chamadas de emerxencia, ata completar a
instalación e reiniciar o dispositivo. Asegúrese de efectuar unha copia de seguridade
dos datos antes de aceptar a instalación dunha actualización.
A descarga de actualizacións de software pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos (servizo de rede).
Axustes
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
145
Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de carga suficiente ou conecte
o cargador antes de iniciar a actualización.