Teléfono e SIM
Seleccione Menu > Settings e Phone > Phone mgmt. > Security > Phone and
SIM card.
Seleccione unha das opcións seguintes:
● PIN code request — Cando esta opción está activa, solicítase o código cada vez
que se acende o dispositivo. É posible que algunhas tarxetas SIM non admitan a
desactivación da solicitude do código PIN.
● PIN code ePIN2 code — Permite cambiar o código PIN e PIN2. Estes códigos só
poden incluír números. Evite o uso de códigos de acceso similares aos números
de emerxencia para evitar unha marcación accidental do número de emerxencia.
Se esquece o código PIN ou o PIN2, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos. Se esquece o código de bloqueo, póñase en contacto cun punto de
atención Nokia Care ou co seu fornecedor de servizos.
● Lock code — O código de bloqueo utilízase para desbloquear o dispositivo. Para
evitar o uso non autorizado do dispositivo, modifique o código de bloqueo. O
código preestablecido é 12345. O código novo pode conter entre 4 e 255
caracteres de lonxitude. Poden utilizarse caracteres alfanuméricos en maiúsculas
e minúsculas. O dispositivo notifícalle se o código de bloqueo non está formatado
axeitadamente. Manteña o novo código nun lugar secreto e lonxe do dispositivo.
● Phone autolock period — Para evitar o uso non autorizado, é posible axustar
o tempo de espera que desexa que transcorra para que o dispositivo se bloquee
automaticamente. Os dispositivos bloqueados non se poden utilizar ata que se
introduce o código de bloqueo correcto. Para desactivar o bloqueo automático,
seleccione None.
● Lock if SIM card changed — Permite axustar o dispositivo para que solicite o
código de bloqueo cando se insire unha tarxeta SIM descoñecida no dispositivo.
O dispositivo mantén unha lista de tarxetas SIM que se recoñecen como tarxetas
do titular.
Axustes
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
146
● Remote phone locking — Permite activar ou desactivar o bloqueo remoto.
● Closed user group — Permite especificar un grupo de persoas aos que pode
chamar e que poden chamarlle (servizo de rede).
● Confirm SIM services — Permite axustar o dispositivo para amosar mensaxes
de confirmación cando está a utilizar un servizo da tarxeta SIM (servizo de rede).