Nokia 5230 - Teléfono e SIM

background image

Teléfono e SIM
Seleccione Menu > Settings e Phone > Phone mgmt. > Security > Phone and

SIM card.
Seleccione unha das opcións seguintes:
PIN code request — Cando esta opción está activa, solicítase o código cada vez

que se acende o dispositivo. É posible que algunhas tarxetas SIM non admitan a

desactivación da solicitude do código PIN.

PIN code ePIN2 code — Permite cambiar o código PIN e PIN2. Estes códigos só

poden incluír números. Evite o uso de códigos de acceso similares aos números

de emerxencia para evitar unha marcación accidental do número de emerxencia.

Se esquece o código PIN ou o PIN2, póñase en contacto co seu fornecedor de

servizos. Se esquece o código de bloqueo, póñase en contacto cun punto de

atención Nokia Care ou co seu fornecedor de servizos.

Lock code — O código de bloqueo utilízase para desbloquear o dispositivo. Para

evitar o uso non autorizado do dispositivo, modifique o código de bloqueo. O

código preestablecido é 12345. O código novo pode conter entre 4 e 255

caracteres de lonxitude. Poden utilizarse caracteres alfanuméricos en maiúsculas

e minúsculas. O dispositivo notifícalle se o código de bloqueo non está formatado

axeitadamente. Manteña o novo código nun lugar secreto e lonxe do dispositivo.

Phone autolock period — Para evitar o uso non autorizado, é posible axustar

o tempo de espera que desexa que transcorra para que o dispositivo se bloquee

automaticamente. Os dispositivos bloqueados non se poden utilizar ata que se

introduce o código de bloqueo correcto. Para desactivar o bloqueo automático,

seleccione None.

Lock if SIM card changed — Permite axustar o dispositivo para que solicite o

código de bloqueo cando se insire unha tarxeta SIM descoñecida no dispositivo.

O dispositivo mantén unha lista de tarxetas SIM que se recoñecen como tarxetas

do titular.

Axustes

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

146

background image

Remote phone locking — Permite activar ou desactivar o bloqueo remoto.

Closed user group — Permite especificar un grupo de persoas aos que pode

chamar e que poden chamarlle (servizo de rede).

Confirm SIM services — Permite axustar o dispositivo para amosar mensaxes

de confirmación cando está a utilizar un servizo da tarxeta SIM (servizo de rede).