Xestión de certificados
Seleccione Menu > Settings e Phone > Phone mgmt. > Security > Certificate
management.
Os certificados dixitais deben utilizarse para conectarse a bancos en liña ou outros
sitios ou servidores remotos para realizar accións que implican a transferencia de
información confidencial. Tamén deben empregarse para reducir o risco de ser
infectado por virus ou demais software malintencionado e asegurarse da
autenticidade dun software cando o descargue e instale.
Seleccione unha das opcións seguintes:
● Authority certificates — Permite ver e editar os certificados de autoridade.
● Trusted site certificates — Permite ver e editar os certificados dos sitios fiables.
● Personal certificates — Permite ver e editar os certificados persoais.
● Phone certificates — Permite ver e editar os certificados do dispositivo.
Os certificados dixitais non garanten a seguridade; utilízanse para verificar a orixe
do software.
Importante: Aínda que o uso de certificados reduce considerablemente os
riscos relacionados coas conexións remotas e as instalacións de software, cómpre
utilizalos correctamente para beneficiarse do aumento da seguridade. A existencia
dun certificado non ofrece protección por si mesmo. O administrador do certificado
debe dispoñer de certificados correctos, auténticos ou fiables para poder aumentar
a seguridade. Os certificados teñen data de caducidade. Se se amosa "Certificado
caducado" ou "O certificado non é válido", incluso no caso de que o certificado
debera ser válido, comprobe que a hora e a data do dispositivo son correctas.
Visualización de detalles dos certificados: comprobación da súa
autenticidade
Axustes
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
147
Só se pode estar seguro da correcta identidade dun servidor se se comproba a
sinatura e o período de validez dun certificado de servidor.
Se a identidade do servidor non é auténtica ou se non dispón do certificado de
seguridade correcto no teléfono, recibirá unha notificación.
Para comprobar os detalles dun certificado, seleccione Options > Certificate
details. Compróbase a validez do certificado e é posible que se visualice unha das
seguintes notas:
● Certificate not trusted — Non axustou ningunha aplicación para usar o
certificado.
● Expired certificate — O período de validez do certificado finalizou.
● Certificate not valid yet — O período de validez do certificado aínda non
comezou.
● Certificate corrupted — O certificado non se pode usar. Póñase en contacto co
emisor do certificado.
Cambie os axustes de fiabilidade
Antes de modificar os axustes dos certificados, cómpre asegurarse de que o
propietario do certificado é realmente fiable e que pertence realmente ao
propietario facilitado.
Para cambiar os axustes dun certificado de autoridade, seleccione Options > Trust
settings. Dependendo do certificado, amósase unha lista das aplicacións que poden
usar o certificado seleccionado. Por exemplo:
● Symbian installation: Yes — O certificado é quen de certificar a orixe dunha
nova aplicación do sistema operativo Symbian.
● Internet: Yes — O certificado é quen de certificar servidores.
● App. installation: Yes — O certificado é quen de certificar a orixe dunha
aplicación Java nova.
Para cambiar o valor, seleccione Options > Change trust setting.