Nokia 5230 - Xestión de certificados

background image

Xestión de certificados
Seleccione Menu > Settings e Phone > Phone mgmt. > Security > Certificate

management.
Os certificados dixitais deben utilizarse para conectarse a bancos en liña ou outros

sitios ou servidores remotos para realizar accións que implican a transferencia de

información confidencial. Tamén deben empregarse para reducir o risco de ser

infectado por virus ou demais software malintencionado e asegurarse da

autenticidade dun software cando o descargue e instale.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Authority certificates — Permite ver e editar os certificados de autoridade.

Trusted site certificates — Permite ver e editar os certificados dos sitios fiables.

Personal certificates — Permite ver e editar os certificados persoais.

Phone certificates — Permite ver e editar os certificados do dispositivo.
Os certificados dixitais non garanten a seguridade; utilízanse para verificar a orixe

do software.

Importante: Aínda que o uso de certificados reduce considerablemente os

riscos relacionados coas conexións remotas e as instalacións de software, cómpre

utilizalos correctamente para beneficiarse do aumento da seguridade. A existencia

dun certificado non ofrece protección por si mesmo. O administrador do certificado

debe dispoñer de certificados correctos, auténticos ou fiables para poder aumentar

a seguridade. Os certificados teñen data de caducidade. Se se amosa "Certificado

caducado" ou "O certificado non é válido", incluso no caso de que o certificado

debera ser válido, comprobe que a hora e a data do dispositivo son correctas.

Visualización de detalles dos certificados: comprobación da súa

autenticidade

Axustes

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

147

background image

Só se pode estar seguro da correcta identidade dun servidor se se comproba a

sinatura e o período de validez dun certificado de servidor.
Se a identidade do servidor non é auténtica ou se non dispón do certificado de

seguridade correcto no teléfono, recibirá unha notificación.
Para comprobar os detalles dun certificado, seleccione Options > Certificate

details. Compróbase a validez do certificado e é posible que se visualice unha das

seguintes notas:
Certificate not trusted — Non axustou ningunha aplicación para usar o

certificado.

Expired certificate — O período de validez do certificado finalizou.

Certificate not valid yet — O período de validez do certificado aínda non

comezou.

Certificate corrupted — O certificado non se pode usar. Póñase en contacto co

emisor do certificado.

Cambie os axustes de fiabilidade

Antes de modificar os axustes dos certificados, cómpre asegurarse de que o

propietario do certificado é realmente fiable e que pertence realmente ao

propietario facilitado.
Para cambiar os axustes dun certificado de autoridade, seleccione Options > Trust

settings. Dependendo do certificado, amósase unha lista das aplicacións que poden

usar o certificado seleccionado. Por exemplo:
Symbian installation: Yes — O certificado é quen de certificar a orixe dunha

nova aplicación do sistema operativo Symbian.

Internet: Yes — O certificado é quen de certificar servidores.

App. installation: Yes — O certificado é quen de certificar a orixe dunha

aplicación Java nova.

Para cambiar o valor, seleccione Options > Change trust setting.