
Axustes dos accesorios
Seleccione Menu > Settings e Phone > Accessories.
Algúns conectores de accesorios indican o tipo de accesorio que está conectado ao
dispositivo.
Seleccione un dos seguintes accesorios:
● Default profile — Permite establecer o perfil que desexa activar cada vez que
conecta un accesorio compatible determinado ao dispositivo.
● Automatic answer — Permite seleccionar se desexa que o dispositivo responda
ás chamadas entrantes automaticamente despois de 5 segundos. Se se axusta o
tipo de ton en Beep once ou en Silent, deshabilítase a resposta automática.
● Lights — Permite establecer se desexa que as luces continúen acendidas despois
do tempo de espera.
Os axustes dispoñibles dependen do tipo de accesorio.