Contido protexido
Para xestionar as licenzas de dereitos dixitais, seleccione Menu > Settings e
Phone > Phone mgmt. > Security > Protected content.
Xestión dos dereitos dixitais
É posible que os propietarios de contidos utilicen diferentes tipos de tecnoloxías de
xestión de dereitos dixitais (DRM) para protexer a súa propiedade intelectual,
incluídos os dereitos de autor. Este dispositivo utiliza varios tipos de software DRM
para acceder a contido protexido mediante DRM. Con este dispositivo pode acceder
a contido protexido con WMDRM 10, OMA DRM 1.0 e OMA DRM 2.0. Se un determinado
software DRM non protexe o contido, é posible que os propietarios do contido
soliciten que se anule a capacidade do mencionado software de acceder a novos
contidos protexidos mediante DRM. Esta anulación pode tamén impedir a
renovación do contido protexido mediante DRM que xa se atope no dispositivo. Esta
anulación non afectará ó uso de contido protexido con outros tipos de DRM ou ó
uso de contido non protexido mediante DRM.
Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais (DRM) subminístranse
cunha clave de activación asociada que define os seus dereitos para utilizar o
contido.
Axustes
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
149
Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante OMA DRM, utilice a función
de copia de seguridade de Nokia Ovi Suite para realizar unha copia de seguridade
das claves de activación e do contido. É posible que outros métodos de transferencia
non transfiran as claves de activación que é necesario recuperar co contido para
que poida continuar utilizando o contido protexido mediante OMA DRM despois de
formatar a memoria do dispositivo. Tamén é posible que necesite recuperar as
claves de activación en caso de que se danen os ficheiros do dispositivo.
Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante WMDRM, as claves de
activación e o contido perderanse se formata a memoria do dispositivo. Tamén é
posible que perda as claves de activación e o contido se se danan os ficheiros do
dispositivo. A perda das claves de activación ou do contido pode limitar a súa
capacidade para utilizar o mesmo contido no seu dispositivo de novo. Para obter
máis información, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.
É posible que algunhas claves de activación estean ligadas a tarxetas SIM específicas,
e que só poida acceder ao contido protexido se a tarxeta SIM se atopa inserida no
dispositivo.