Buscar
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
131
19. Acerca da Tenda Ovi
Na Tenda Ovi, pode descargar xogos para móbil, aplicacións, vídeos, imaxes,
temas e tons de chamada no seu dispositivo. Algúns elementos son gratuítos;
outros terá que pagalos coa tarxeta de crédito ou na factura do teléfono. A
dispoñibilidade dos métodos de pago depende do país de residencia e do
fornecedor do servizo de rede. A Tenda Ovi ofrece contido que é compatible co
dispositivo móbil e relevante para os seus gustos e a súa situación.
20. Outras aplicacións
Reloxo
Fixar a hora e a data
Seleccione Menu > Applications > Clock.
Seleccione Options > Settings e escolla entre as seguintes opcións:
● Time — Permite fixar a hora.
● Date — Permite fixar a data.
● Automatic time update — Permite que a rede actualice automaticamente a
información da hora, data e fuso horario do teléfono (servizo de rede).
Espertador
Seleccione Menu > Applications > Clock.
Para fixar unha alarma nova, seleccione New alarm. Axuste a hora da alarma.
Seleccione Repeat para axustar se desexa que se repita a alarma e, en tal caso, a
que hora, e seleccione Done.
Para ver as alarmas activas e inactivas, seleccione Alarms. Cando a alarma estea
activa, amosarase . Cando a alarma se repita, amosarase .
Para eliminar unha alarma, seleccione Alarms, desprácese ata ela e seleccione
Options > Delete alarm.