Axustes de captura e gravación
Para abrir a vista de axustes da captura e da gravación antes de facer unha fotografía
ou de gravar un videoclip, seleccione Menu > Applications > Camera e .
A vista de axustes de captura e de gravación dispón de accesos directos a diferentes
elementos e axustes antes de facer unha fotografía ou de gravar un videoclip.
Cámara
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
83
Ao pechar a cámara, restablécense os axustes predeterminados de captura e de
gravación.
Seleccione unha das opcións seguintes:
— Permite seleccionar a escena.
ou
— Permite cambiar entre o modo de vídeo e de imaxe.
ou — Permite amosar ou ocultar a cuadrícula do visor (só imaxes).
— Permite activar o temporizador automático (só imaxes)
— Permite activar o modo de secuencia (só imaxes).
— Abra Gallery.
Axustes de imaxe:
— Permite seleccionar un efecto de cor.
— Permite axustar o balance de brancos. Permite seleccionar as condicións de
iluminación actuais. Isto permite que a cámara reproduza as cores de xeito máis
exacto.
— Permite axustar a compensación da exposición (só imaxes). Se está a enfocar
un motivo escuro en contraste cun fondo moi luminoso, como a neve, axuste a
exposición en +1 ou +2 para compensar o brillo do fondo. Cos motivos brillantes
situados contra un fondo escuro, utilice os axustes -1 ou -2.
— Permite axustar a sensibilidade á luz (só imaxes). Aumente a sensibilidade
da luz en condicións de iluminación baixas para evitar obter imaxes demasiado
escuras e borrosas. Ao aumentar a sensibilidade á luz tamén pode aumentar o ruído
da imaxe.
— Permite axustar o contraste (só imaxes). Permite axustar a diferenza entre
as zonas máis claras e as máis escuras da imaxe.
— Permite axustar a nitidez (só imaxes).
A visualización da pantalla cambia segundo os axustes que estableza.
Cámara
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
84
Os axustes de captura son específicos do modo de captura. O cambio dun modo a
outro non restablece os axustes definidos.
Se selecciona unha escena nova, os axustes de captura substituiranse pola escena
seleccionada. É posible cambiar os axustes de captura despois de seleccionar unha
escena se é necesario.
En caso de que modifique os axustes do zoom, da iluminación ou da cor, é posible
que o tempo de almacenamento da imaxe capturada sexa superior.