Captura de imaxes en secuencia
Seleccione Menu > Applications > Camera.
Para comezar a capturar imaxes nunha secuencia rápida, seleccione Menu >
Applications > Camera e > Sequence. Para pechar a fiestra de axustes, toque
a pantalla que se atopa sobre a fiestra. Manteña premida a tecla Capturar. O
dispositivo capturará imaxes ata que solte a tecla ou ata que se esgote a memoria.
Se preme a tecla Capturar brevemente, o dispositivo capturará 18 imaxes en
secuencia.
As imaxes capturadas amósanse nunha grella. Para ver unha imaxe, selecciónea.
Para volver ao visor do modo secuencia, prema a tecla Capturar.
Ademais, pode utilizar o modo secuencia co temporizador automático.
Para desactivar o modo secuencia, seleccione > Single shot.