Transferencia de vídeo desde o ordenador
Transfira os seus propios videoclips dende dispositivos compatibles mediante un
cable de datos USB compatible. Só se amosarán os videoclips que se atopen nun
formato compatible co seu dispositivo.
1. Para ver o seu dispositivo nun PC como un dispositivo de memoria masiva ao
que se poidan transferir ficheiros de datos, leve a cabo a conexión mediante un
cable de datos USB.
2. Seleccione Mass storage como modo de conexión. Cómpre inserir unha tarxeta
de memoria compatible no dispositivo.
3. Seleccione os videoclips que desexe copiar desde o ordenador.
4. Transfira os videoclips a E:\Os meu vídeos na tarxeta de memoria.
Os videoclips transferidos aparecen no cartafol Os meus vídeos.