Centro de vídeo de Nokia
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
94
Ver un videoclip
Para buscar o contido de servizos de vídeo instalados, seleccione Video feeds.
O contido dalgúns servizos de vídeo está dividido en categorías. Para examinar
videoclips, seleccione unha categoría.
Para buscar un videoclip no servizo, seleccione Video search. É posible que a busca
non estea dispoñible en tódolos servizos.
Algúns clips de vídeo pódense transmitir por secuencias mediante unha conexión
polo aire, pero outros cómpre descargalos primeiro ao dispositivo. Para descargar
un videoclip, seleccione Options > Download. As descargas continúan en segundo
plano se sae da aplicación. Os videoclips descargados gárdanse en Os meus vídeos.
Para transmitir por secuencias un videoclip ou para ver un descargado, seleccione
Options > Play. Cando a reprodución do videoclip está en marcha, puntee na
pantalla para usar as teclas de control para controlar o reprodutor. Para axustar o
volume, use a tecla de volume.
Aviso: A exposición continua a niveis elevados de volume pode danar a súa
capacidade auditiva. Escoite música a un volume moderado e non suxeite o
dispositivo preto do seu oído co altofalante activado.
Seleccione Options e escolla entre as seguintes:
● Resume download — Continuar unha descarga en pausa ou con erros.
● Cancel download — Cancelar unha descarga.
● Preview — Ver unha vista previa dun videoclip. Esta opción está dispoñible se
a admite o servizo.
● Feed details — Ver información sobre un videoclip.
● Refresh list — Actualice a lista de videoclips.
● Open link in browser — Abrir un enlace no navegador web.
Programar descargas
A configuración da aplicación para descargar videoclips automaticamente pode
implicar a transmisión de grandes cantidades de datos a través da rede do seu
fornecedor de servizos. Para obter información verbo das tarifas de transmisión de
Centro de vídeo de Nokia
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
95
datos, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos. Para programar unha
descarga automática de videoclips nun servizo, seleccione Options > Schedule
downloads. O Video centre descarga automaticamente videoclips novos
diariamente á hora que estableza.
Para cancelar descargas programadas, seleccione Manual download como o
método de descarga.