Nokia 5230 -  Cargar ficheiros desde a Galería  

background image

Cargar ficheiros desde a Galería

Pode cargar ficheiros desde Gallery a un servizo para compartir en liña.
1. Seleccione Menu > Gallery e os ficheiros que quere cargar.
2. Seleccione Options > Send > Upload e a conta seleccionada.
3. Edite a mensaxe segundo sexa necesario.
4. Seleccione Options > Upload.

13. Centro de vídeo de Nokia

Co Centro de vídeo Nokia (servizo de rede), pode descargar e transmitir por

secuencias videoclips mediante unha conexión polo aire desde servizos de vídeo da

Internet compatibles utilizando unha conexión de paquetes de datos. Tamén pode

transferir videoclips dende un ordenador compatible ao seu dispositivo e

visualizalos no Centro de vídeo.
A utilización de puntos de acceso aos paquetes de datos para descargar vídeos pode

implicar a transmisión de grandes cantidades de datos a través da rede do seu

fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para obter

información acerca das tarifas de transmisión de datos.
É posible que o seu dispositivo dispoña de servizos predefinidos.
Os fornecedores de servizos poden fornecer contidos gratis ou cobrar unha taxa.

Comprobe o prezo no servizo ou co fornecedor do servizo.

Ver e descargar videoclips

Conectarse aos servizos de vídeo

1. Seleccione Menu > Applications > Video centre.
2. Para conectarse a un servizo para instalar servizos de vídeo, seleccione Add new

services e o servizo de vídeo desexado no catálogo de servizos.