Axustes de paquetes de datos
Seleccione Menu > Settings e Connectivity > Admin. settings > Packet data.
Conectividade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
129
Os axustes do paquete de datos afectan a todos os puntos de acceso que empregan
unha conexión de paquete de datos.
Seleccione unha das opcións seguintes:
● Packet data connection — Se selecciona When available e se atopa nunha
rede que admite paquetes de datos, o dispositivo rexistrarase na rede do
paquete de datos. O inicio dunha conexión de paquete de datos activa (por
exemplo, para enviar e recibir correos electrónicos) faise de xeito máis rápido
que se o dispositivo establece unha conexión de paquete de datos cando a
precisa. Se non hai cobertura de paquetes de datos, o dispositivo intenta
establecer de forma periódica unha conexión de paquete de datos. Se selecciona
When needed, o dispositivo utilizará unha conexión de paquete de datos só se
inicia unha aplicación ou acción que a necesita.
● Access point — O nome do punto de acceso é necesario para utilizar o
dispositivo como un módem de paquete de datos para un ordenador compatible.
● High speed packet access — Permite activar ou desactivar o uso de HSDPA
(servizo de rede) nas redes UMTS.