Control do nome do punto de acceso
Seleccione Menu > Settings e Connectivity > Admin. settings > APN control.
Co servizo de control do nome do punto de acceso, pode restrinxir conexións de
paquetes de datos e permitir que o dispositivo utilice só certos puntos de acceso
de paquetes de datos.
Este axuste só está dispoñible se a súa tarxeta SIM admite o servizo de control do
punto de acceso.
Conectividade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
130
Para activar ou desactivar o servizo do control ou para cambiar os puntos de acceso
permitidos, seleccione Options e a opción correspondente. Para cambiar as
opcións, cómpre inserir o código PIN2. Póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos para obter o código.
18. Buscar
Verbo da busca
Seleccione Menu > Internet > Search.
Buscar (servizo de rede) permítelle empregar distintos servizos de busca baseados
na Internet para atopar, por exemplo, sitios web e imaxes. O contido e a
dispoñibilidade dos servizos pode variar.
Inicio de buscas
Seleccione Menu > Internet > Search.
Para buscar os contidos do seu dispositivo móbil, insira termos de busca no campo
de busca ou navegue polas categorías do contido. Mentres insire os termos de busca,
os resultados organízanse en categorías. Os resultados aos que se accedeu máis
recentemente aparecen na parte superior da lista de resultados, se coinciden cos
termos de busca.
Para buscar páxinas web na Internet, seleccione Search the Internet, un
fornecedor de buscas e insira os seus termos de busca no campo de busca. O
fornecedor de busca que seleccionou está axustado como o seu fornecedor de busca
da Internet predeterminado.
Se xa se atopa fixado un fornecedor de busca predeterminado, seleccióneo para
comezar unha busca ou seleccione More search services para utilizar outro
fornecedor.
Para cambiar os axustes do seu país ou rexión para buscar máis fornecedores de
busca, seleccione Options > Settings > Country or region.