Axustes de rede
Seleccione Menu > Settings e Connectivity > Network.
O seu dispositivo pode cambiar automaticamente entre as redes GSM e UMTS. As
redes GSM indícanse mediante . As redes UMTS indícanse mediante
.
Seleccione unha das opcións seguintes:
● Network mode — Permite seleccionar que rede desexa utilizar. Se selecciona
Dual mode, o dispositivo utilizará a rede GSM ou UMTS automaticamente,
segundo os parámetros de rede e os acordos de itinerancia establecidos entre
os fornecedores de servizos sen fíos. Para obter máis detalles e información sobre
os custos da itinerancia, póñase en contacto co seu fornecedor de servizo de rede.
Esta opción só se amosa se a admite o fornecedor de servizos sen fíos.
Un acordo de itinerancia é un acordo entre dous ou máis fornecedores de servizos
que permite que os usuarios dun fornecedor de servizos utilicen os servizos
doutros fornecedores de servizos.
● Operator selection — Seleccione Automatic para axustar o dispositivo para
buscar e seleccionar unha das redes dispoñibles ou Manual para seleccionar
manualmente a rede dunha lista. Se se perde a conexión á rede seleccionada
manualmente, o dispositivo emitirá un ton de erro e solicitaralle que seleccione
de novo unha rede. A rede seleccionada debe dispoñer dun acordo de itinerancia
coa súa rede propia.
Conectividade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
119
● Cell info display — Permite axustar o dispositivo para que indique cando desexa
que se utilice nunha rede móbil baseada nunha tecnoloxía de rede micromóbil
(MCN) e para activar a recepción da información móbil.