Vinculación de dispositivos
Seleccione Menu > Settings e Connectivity > Bluetooth.
Para vincular dispositivos compatibles e ver os dispositivos vinculados, abra a ficha
Paired devices.
Antes da vinculación, cree o seu propio código (de 1 a 16 díxitos) e acorde co
propietario do outro dispositivo utilizar o mesmo código. Os dispositivos que non
presentan unha interface de usuario posúen un código axustado de fábrica. O
código utilízase só unha vez.
1. Para vincular un dispositivo, seleccione Options > New paired device.
Amosaranse os dispositivos que se atopan dentro do seu alcance.
2. Seleccione o dispositivo e insira o código. Cómpre inserir o mesmo código tamén
no outro dispositivo.
3. Algúns accesorios de son conéctanse automaticamente co teléfono despois da
vinculación. De non ser así, para conectar calquera accesorio, seleccione
Options > Connect to audio device.
Os dispositivos vinculados indícanse mediante o símbolo na busca de
dispositivos.
Conectividade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
126
Para axustar un dispositivo como autorizado ou non autorizado, seleccione unha
das opcións seguintes:
● Set as authorised — As conexións entre o teléfono e o dispositivo autorizado
pódense realizar sen o seu coñecemento. Non se lle solicitará a súa autorización
nin aceptación. Utilice este estado só para os seus propios dispositivos, como os
auriculares compatibles, ordenadores ou dispositivos que pertenzan a unha
persoa de confianza. indica os dispositivos que se atopan autorizados na vista
de dispositivos vinculados.
● Set as unauthorised — Con esta opción, cómpre que as solicitudes de conexión
deste dispositivo se acepten por separado de cada vez.
Para cancelar a vinculación cun dispositivo, seleccione Options > Delete.
Para cancelar todas as vinculacións, seleccione Options > Delete all.