Creación de grupos de puntos de acceso
Seleccione Menu > Settings e Connectivity > Destinations.
Algunhas aplicacións permítenlle utilizar grupos de puntos de acceso para as
conexións de rede.
Para evitar seleccionar un punto de acceso único cada vez que o dispositivo fai unha
conexión de rede, pode crear un grupo que conteña varios puntos de acceso para
conectar á rede e definir a orde na que se usan os puntos de acceso.
Para crear un grupo de puntos de acceso novo, seleccione Options > Manage >
New destination.
Para engadir puntos de acceso a un grupo de puntos de acceso, seleccione o grupo
e Options > New access point. Para copiar un punto de acceso existente doutro
grupo, seleccione o grupo, toque no punto de acceso correspondente se non se
atopa resaltado aínda e seleccione Options > Organise > Copy to other dest..
Para cambiar a prioridade dun punto de acceso dun grupo, seleccione Options >
Organise > Change priority.