Marcación fixa
Seleccione Menu > Contacts e Options > SIM numbers > Fixed dial contacts.
Co servizo de marcación fixa pode restrinxir as chamadas desde o dispositivo a
certos números de teléfono. Non todas as tarxetas SIM admiten o servizo de
marcación fixa. Para obter máis información, contacte co fornecedor de servizos.
Cando se atopan activadas as funcións de seguridade que restrinxen as chamadas
(coma a restrición de chamadas, os grupos de usuarios pechados e a marcaxe fixa),
pode que sexa posible efectuar chamadas ao número de emerxencia oficial
programado no dispositivo. O desvío e restrición de chamadas non poden estar
activos ao mesmo tempo.
Necesita o código PIN2 para activar e desactivar a marcación fixa ou editar os
contactos deste tipo de marcación. Póñase en contacto co fornecedor de servizos
para obter o código PIN2.
Seleccione Options e entre as seguintes:
Contactos
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
57
● Activate fixed dialling — Activar a marcación fixa.
● Deactivate fixed dialling — Desactivar a marcación fixa.
● New SIM contact — Introducir o nome do contacto e o número de teléfono ao
que se permite realizar chamadas.
● Add from Contacts — Copiar un contacto da lista de contactos na lista de
marcación fixa.
Para enviar mensaxes de texto aos contactos SIM mentres o servizo de marcación
fixa está activado, é necesario engadir o número do centro de mensaxes de texto á
lista de marcación fixa.
7. Mensaxería
Vista principal da mensaxería
Seleccione Menu > Messaging (servizo de rede).
Para crear unha mensaxe nova, seleccione New message.
Consello: Para evitar ter que volver escribir mensaxes que envía con
frecuencia, utilice os textos do cartafol Modelos en As miñas carp. Tamén pode
crear e gardar os seus propios modelos.
A mensaxería contén os seguintes cartafoles:
●
Inbox — As mensaxes recibidas, excepto as mensaxes de correo electrónico
e de información de cela, almacénanse aquí.
●
My folders — Organice as súas mensaxes en cartafoles.
●
Mailbox — Conéctese coa súa caixa de correo remota para recuperar
mensaxes de correo electrónico novas ou ver mensaxes de correo electrónico
recuperadas previamente fóra de liña.
●
Drafts — Os borradores das mensaxes que non se enviaron almacénanse
aquí.
●
Sent — As últimas mensaxes que se enviaron, excepto as mensaxes enviadas
mediante a conectividade Bluetooth, almacénanse aquí. Pode cambiar o número
de mensaxes que desexa que se garden neste cartafol.