Nokia 5230 - Marcación fixa

background image

Marcación fixa

Seleccione Menu > Contacts e Options > SIM numbers > Fixed dial contacts.
Co servizo de marcación fixa pode restrinxir as chamadas desde o dispositivo a

certos números de teléfono. Non todas as tarxetas SIM admiten o servizo de

marcación fixa. Para obter máis información, contacte co fornecedor de servizos.
Cando se atopan activadas as funcións de seguridade que restrinxen as chamadas

(coma a restrición de chamadas, os grupos de usuarios pechados e a marcaxe fixa),

pode que sexa posible efectuar chamadas ao número de emerxencia oficial

programado no dispositivo. O desvío e restrición de chamadas non poden estar

activos ao mesmo tempo.
Necesita o código PIN2 para activar e desactivar a marcación fixa ou editar os

contactos deste tipo de marcación. Póñase en contacto co fornecedor de servizos

para obter o código PIN2.
Seleccione Options e entre as seguintes:

Contactos

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

57

background image

Activate fixed dialling — Activar a marcación fixa.

Deactivate fixed dialling — Desactivar a marcación fixa.

New SIM contact — Introducir o nome do contacto e o número de teléfono ao

que se permite realizar chamadas.

Add from Contacts — Copiar un contacto da lista de contactos na lista de

marcación fixa.

Para enviar mensaxes de texto aos contactos SIM mentres o servizo de marcación

fixa está activado, é necesario engadir o número do centro de mensaxes de texto á

lista de marcación fixa.

7. Mensaxería

Vista principal da mensaxería

Seleccione Menu > Messaging (servizo de rede).
Para crear unha mensaxe nova, seleccione New message.

Consello: Para evitar ter que volver escribir mensaxes que envía con

frecuencia, utilice os textos do cartafol Modelos en As miñas carp. Tamén pode

crear e gardar os seus propios modelos.

A mensaxería contén os seguintes cartafoles:

Inbox — As mensaxes recibidas, excepto as mensaxes de correo electrónico

e de información de cela, almacénanse aquí.

My folders — Organice as súas mensaxes en cartafoles.

Mailbox — Conéctese coa súa caixa de correo remota para recuperar

mensaxes de correo electrónico novas ou ver mensaxes de correo electrónico

recuperadas previamente fóra de liña.

Drafts — Os borradores das mensaxes que non se enviaron almacénanse

aquí.

Sent — As últimas mensaxes que se enviaron, excepto as mensaxes enviadas

mediante a conectividade Bluetooth, almacénanse aquí. Pode cambiar o número

de mensaxes que desexa que se garden neste cartafol.