Axustes de entrada táctil
Seleccione Menu > Settings e Phone > Touch input.
Para modificar os axustes de inserción de texto da pantalla táctil, seleccione unha
das opcións seguintes:
● Handwriting training — Permite abrir a aplicación de práctica de escritura
manual. Faga que o dispositivo aprenda a recoñecer mellor a súa escritura
manual. Esta opción non se atopa dispoñible en todos os idiomas.
● Writing language — Permite definir os caracteres específicos do idioma que
se recoñecen na súa escritura manual e a disposición do teclado virtual.
● Writing speed — Permite seleccionar a velocidade de escritura.
● Guiding line — Permite amosar ou ocultar a liña de guía na zona de escritura.
Esta liña de guía axudarao a escribir en liña recta e fará que sexa máis doado
para o dispositivo recoñecer a súa escritura manual.
● Pen trail width — Permite seleccionar o grosor do texto escrito co estilete.
● Writing colour — Permite seleccionar a cor do texto escrito co estilete.
● Adaptive search — Activar unha busca adaptiva.
● Touch screen calibration — Permite calibrar a pantalla táctil.
6. Contactos
Pode gardar e actualizar a información de contacto, como números de teléfono,
enderezos postais ou enderezos de correo electrónico dos seus contactos. Pode
engadir un ton de chamada persoal ou unha miniatura a un contacto. Ademais,