Organización de imaxes e vídeos
Seleccione Menu > Gallery e Images & videos > Options e unha das seguintes
opcións:
● Folder options — Para mover ficheiros a cartafoles, seleccione Move to
folder. Para crear un cartafol novo, seleccione New folder.
● Organise — Para copiar ficheiros a cartafoles, seleccione Copy. Para mover
ficheiros a cartafoles, seleccione Move.
● View by — Permite ver ficheiros pola súa data, título ou tamaño.
12. Compartir en liña
Verbo de Compartir en liña
Seleccione Menu > Internet > Share online.
Con Compartir en liña (servizo de rede), pode enviar imaxes, videoclips e clips de
son desde o seu dispositivo a servizos de uso compartido en liña compatibles, como
álbums e blogs. Tamén é posible ver e enviar comentarios sobre as mensaxes destes
servizos e descargar contido ao seu teléfono Nokia compatible.
Os tipos de contido admitido e a dispoñibilidade do servizo Compartir en liña poden
variar.
Subscrición aos servizos
Seleccione Menu > Internet > Share online.
Para subscribirse a un servizo de uso compartido en liña, acceda ao sitio web do
fornecedor de servizos e comprobe que o teléfono sexa compatible co devandito
servizo. Cree unha conta seguindo as instrucións que se indican no sitio web.
Recibirá un nome de usuario e un contrasinal necesarios para configurar o seu
dispositivo coa conta.
1. Para activar un servizo, abra a aplicación Compartir en liña do seu dispositivo,
seleccione un servizo e Options > Activate.