Nokia 5230 - Organización de imaxes e vídeos

background image

Organización de imaxes e vídeos

Seleccione Menu > Gallery e Images & videos > Options e unha das seguintes

opcións:
Folder options — Para mover ficheiros a cartafoles, seleccione Move to

folder. Para crear un cartafol novo, seleccione New folder.

Organise — Para copiar ficheiros a cartafoles, seleccione Copy. Para mover

ficheiros a cartafoles, seleccione Move.

View by — Permite ver ficheiros pola súa data, título ou tamaño.

12. Compartir en liña

Verbo de Compartir en liña

Seleccione Menu > Internet > Share online.
Con Compartir en liña (servizo de rede), pode enviar imaxes, videoclips e clips de

son desde o seu dispositivo a servizos de uso compartido en liña compatibles, como

álbums e blogs. Tamén é posible ver e enviar comentarios sobre as mensaxes destes

servizos e descargar contido ao seu teléfono Nokia compatible.
Os tipos de contido admitido e a dispoñibilidade do servizo Compartir en liña poden

variar.

Subscrición aos servizos

Seleccione Menu > Internet > Share online.
Para subscribirse a un servizo de uso compartido en liña, acceda ao sitio web do

fornecedor de servizos e comprobe que o teléfono sexa compatible co devandito

servizo. Cree unha conta seguindo as instrucións que se indican no sitio web.

Recibirá un nome de usuario e un contrasinal necesarios para configurar o seu

dispositivo coa conta.
1. Para activar un servizo, abra a aplicación Compartir en liña do seu dispositivo,

seleccione un servizo e Options > Activate.