Visualización de imaxes e vídeos
Seleccione Menu > Gallery e Images & videos.
As imaxes, videoclips e carpetas están ordenados por data e hora. Para navegar
polos ficheiros, esvare co dedo cara a arriba ou cara a abaixo.
Para abrir un ficheiro, seleccióneo da lista. Cando estea a ver unha imaxe, para ver
a seguinte ou a anterior, deslícea cara á esquerda ou á dereita respectivamente.
Para ampliar unha imaxe, empregue a tecla de volume do teléfono.
Seleccione Options e unha das seguintes opcións:
● Edit — Permite editar un videoclip ou unha imaxe.
● Use file — Para utilizar a imaxe como fondo na pantalla de inicio, seleccione
Set as wallpaper.
Para establecer a imaxe como imaxe de chamada xenérica, seleccione Set as call
image.
Para axustala como imaxe de chamada para un contacto, seleccione Assign to
contact.
Para fixar o videoclip como un ton de chamada, seleccione Set as ringing
tone.
Para asignar o videoclip como un ton de chamada para un contacto, seleccione
Assign to contact.
A barra de ferramentas permítelle seleccionar funcións de uso cotián de imaxes,
videoclips e cartafoles.
Na barra de ferramentas, seleccione unha das seguintes opcións:
●
Send — Permite enviar a imaxe ou videoclip seleccionados.
●
Edit — Permite editar a imaxe ou videoclip seleccionados.
●
Delete — Permite eliminar a imaxe ou videoclip seleccionados.
Galería
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
91