Accións na pantalla táctil
Tocar e tocar dúas veces
Normalmente, para abrir unha aplicación ou outro elemento da pantalla táctil, terá
que tocalo co dedo ou co estilete, mais para abrir os elementos seguintes, cómpre
tocar neles dúas veces.
Importante: Utilice unicamente o estilete autorizado por Nokia co
dispositivo. O uso doutros estiletes pode invalidar a garantía do dispositivo e danar
a pantalla táctil. Evite raiar a pantalla táctil. Nunca utilice bolígrafos, lapis nin
demais obxectos afiados para escribir na pantalla táctil.
● Elementos de lista dunha aplicación, como o cartafol Borrador da lista de
cartafoles de Mensaxería
Consello: Ao abrir unha vista de lista, xa estará resaltado o primeiro
elemento. Para abrir o elemento resaltado, tóqueo unha vez.
● Aplicacións e cartafoles do menú ao empregar o tipo de vista de lista
● Ficheiros dunha lista, por exemplo, unha imaxe na vista de vídeos e imaxes na
Galería.
Se toca nun ficheiro ou un elemento similar unha vez, non se abre, resáltase.
Para ver as opcións dispoñibles para o elemento, seleccione Options ou, de estar
dispoñible, seleccione unha icona na barra de ferramentas.
Seleccionar
Nesta documentación para o usuario, por "seleccionar" enténdese abrir aplicacións
ou elementos tocando neles unha ou dúas veces. Se precisa seleccionar varios
elementos nunha secuencia, os elementos de menú que se van seleccionar
sepáranse mediante frechas. Para seleccionar Options > User guide, toque en
Options e, a continuación, en User guide.
Introdución
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
26
Arrastrar
Para arrastrar un elemento, tóqueo co dedo ou co estilete e deslíceo pola pantalla.
Para desprazarse cara arriba ou cara abaixo por unha páxina web, arrastre a páxina
co dedo ou co estilete.
Desprazarse
Para desprazarse, desprace o dedo rapidamente na pantalla cara á esquerda ou á
dereita. Cando estea a ver unha imaxe, para ver a seguinte ou a anterior, deslícea
cara á esquerda ou á dereita respectivamente.
Desprazarse para desbloquear a pantalla táctil —
Para desbloquear a pantalla táctil, prema a tecla de
acendido ou a tecla de menú e desprace da dereita á
esquerda.
Desprazarse para desbloquear a pantalla táctil e
silenciar unha chamada — Para desbloquear a
pantalla táctil sen responder a unha chamada, desprácese da dereita á esquerda. O
ton de chamada silénciase automaticamente. Para responder á chamada, prema a
tecla Chamar ou para rexeitala, prema a tecla Fin.
Desprazarse para responder a unha chamada — Para responder a unha
chamada entrante, desprácese da esquerda á dereita.
Desprazarse para deter unha alarma — Para deter a alarma, desprácese da
esquerda á dereita. Para repetir a alarma, desprácese da dereita á esquerda.
Desprazarse cara arriba ou abaixo
Para desprazarse cara arriba ou abaixo polas listas que dispoñan dunha barra de
desprazamento, arrastre o control escorregadizo e da barra de desprazamento.
Nalgunhas vistas de listas pode desprazarse colocando o dedo ou o estilete nun
elemento da lista e arrastrándoo cara arriba ou abaixo. Para desprazarse polos
contactos, coloque o dedo ou o estilete nun contacto e arrástreo cara arriba ou
abaixo.
Introdución
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
27
Consello: Para ver unha breve descrición das iconas, coloque o dedo ou o
estilete nestas. As descricións non están dispoñibles para todas as iconas.
Luz de fondo da pantalla táctil
Logo dun período de inactividade, a luz de fondo da pantalla táctil apágase. Para
acendela, toque a pantalla.
De estaren bloqueadas as teclas e a pantalla táctil, ao tocar esta non se acenderá a
luz de fondo da pantalla. Para desbloquear a pantalla e as teclas, deslice o
interruptor de bloqueo.