Música Ovi
A través de Música Ovi (servizo de rede) pode buscar, examinar, mercar e descargar
música ao dispositivo.
Seleccione Menu > Music > Ovi Music.
Para descargar música, primeiro cómpre rexistrarse para o servizo.
A descarga de música pode implicar a aplicación de tarifas adicionais e a transmisión
de grandes cantidades de datos (servizo de rede). Para obter información verbo das
tarifas de transmisión de datos, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos
de rede.
Para acceder a Música Ovi, cómpre dispoñer dun punto de acceso á Internet válido
no dispositivo. Pode que se lle solicite seleccionar o punto de acceso que desexa
empregar para conectarse a Música Ovi.
Selección do punto de acceso — Seleccione Default access point.
A dispoñibilidade e aspecto dos axustes de Música Ovi poden variar. É posible que
os axustes estean tamén predefinidos e que non poida modificalos. Cando navegue
por Música Ovi, poderá modificar os axustes.
Modificar os axustes de Música Ovi — Seleccione Options > Settings.
Música Ovi non está dispoñible en todos os países ou rexións.