Axustes de radio pola Internet
Seleccione Menu > Music > Internet radio e Options > Settings.
Para seleccionar o punto de acceso predeterminado para conectar coa rede,
seleccione Default access point e escolla unha das opcións dispoñibles. Se desexa
que o dispositivo lle solicite que seleccione o punto de acceso cada vez que abra a
aplicación, seleccione Always ask.
Para cambiar as velocidades de conexión para os diferentes tipos de conexión,
seleccione entre as seguintes opcións:
● GPRS connection bitrate — Conexións de paquetes de datos GPRS
● 3G connection bitrate — Conexións de paquetes de datos 3G
A calidade da emisión da radio dependerá da velocidade de conexión seleccionada.
Canto máis alta sexa a velocidade, mellor será a calidade. Para evitar o
almacenamento no búfer, utilice a calidade máis alta só con conexións de alta
velocidade.
10. Cámara
O dispositivo admite unha resolución de captura de imaxes de 1600 x 1200
píxeles. A resolución de imaxe amosada nesta guía pode ter un aspecto diferente.
Activación da cámara
Para activar a cámara, prema na tecla Capturar.