Escoitar emisoras de radio pola Internet
Seleccione Menu > Music > Internet radio.
Para escoitar unha emisora de radio pola Internet, siga os pasos que se describen
a continuación:
1. Seleccione unha emisora das súas favoritas ou do directorio de emisoras, ou
búsqueas segundo o seu nome no servizo Radio pola Internet de Nokia.
Para engadir manualmente unha emisora, seleccione Options > Add station
manually. Ademais, pode buscar ligazóns a emisoras mediante a aplicación de
navegador web. As ligazóns compatibles ábrense automaticamente na
aplicación Radio pola Internet.
2. Seleccione Options > Listen.
Abrirase a vista Reproducindo e amosarase información acerca da emisora e a
canción que se están reproducindo nese momento.
Para facer unha pausa na reprodución, prema a tecla de desprazamento; para
continuar, prema a tecla de desprazamento de novo.
Para ver a información da emisora, seleccione Options > Station information
(non dispoñible se gardou a emisora manualmente).
Se está escoitando unha emisora gardada nos seus favoritos, desprácese á esquerda
ou á dereita para escoitar a emisora anterior ou posterior gardada.