Listas de reprodución
Seleccione Menu > Music > Music player e Playlists.
Para ver detalles da lista de reprodución, seleccione Options > Playlist details
Creación dunha lista de reprodución
1. Seleccione Options > New playlist.
Música
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
73
2. Insira un nome para a lista de reprodución e seleccione OK.
3. Para engadir cancións agora, seleccione Yes; para engadir as cancións máis
tarde, seleccione No.
4. Se selecciona Yes, seleccione artistas para buscar as cancións que desexe
engadir á lista de reprodución. Seleccione Add para engadir elementos.
Para amosar a lista de cancións dun título de artista, seleccione Expand. Para
ocultar a lista de cancións, seleccione Collapse.
5. Unha vez feitas as súas seleccións, seleccione Done.
Se se insire unha tarxeta de memoria compatible, a lista de reprodución
gardarase na tarxeta de memoria.
Para engadir máis cancións máis tarde, cando vexa a lista de reprodución,
seleccione Options > Add songs.
Para engadir cancións, álbums, artistas, xéneros e compositores a unha lista de
reprodución desde vistas diferentes do menú de música, seleccione un elemento e
Options > Add to playlist > Saved playlist ou New playlist.
Para eliminar unha canción dunha lista de reprodución, seleccione Options >
Remove. Isto non elimina a canción do dispositivo; só a elimina da lista de
reprodución.
Para volver ordenar cancións nunha lista de reprodución, seleccione a canción que
desexe mover e Options > Reorder playlist. Mova a canción ata a posición
desexada e seleccione Drop. Para mover outra canción, seleccione a canción e
Grab, mova a canción á posición desexada e seleccione Drop. Para rematar co
reordenamento da lista de reprodución, seleccione Done.