Transferencia de música dende un ordenador
É posible utilizar os seguintes métodos para transferir música:
● Para instalar Nokia Ovi Player e xestionar e organizar os seus ficheiros de música,
descargue o software para PC en www.ovi.com e siga as instrucións.
● Para ver o dispositivo nun ordenador como un dispositivo de memoria masiva
onde pode transferir ficheiros de datos, establecer a conexión mediante un cable
de datos USB compatible ou a conectividade Bluetooth. Se está a utilizar un cable
USB, seleccione Mass storage como modo de conexión. Cómpre inserir unha
tarxeta de memoria compatible no dispositivo.
● Para sincronizar música con Windows Media Player, conecte un cable de datos
USB compatible e seleccione Media transfer como modo de conexión. Cómpre
inserir unha tarxeta de memoria compatible no dispositivo.
Para cambiar o modo de conexión USB predeterminado, seleccione Menu >
Settings e Connectivity > USB > USB connection mode.