Acerca dos métodos de posicionamento
Mapas amosa a súa situación no mapa a través de conexións GPS, A-GPS ou
posicionamento baseado na ID da cela.
O Sistema de Posicionamento Global (GPS) é un sistema baseado en satélite que se
emprega para calcular a súa situación. O GPS asistido (A-GPS) é un servizo de rede
que mellora a velocidade e a precisión do posicionamento.
Cando utilice Mapas por primeira vez, pediráselle que defina un punto de acceso a
Internet que se utilizará para descargar información de mapas ou usar o sistema A-
GPS.
Mapas
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
108
indica a dispoñibilidade dos sinais de satélite. Cada barra representa
un satélite. Cando o dispositivo está a buscar sinais de satélite, a barra aparece en
amarelo. Cando hai datos dabondo para calcular a súa posición, a barra vólvese
verde. Cantas máis barras verdes haxa, máis fiable será o cálculo da posición.
O sistema de posicionamento global (GPS) está operado polo goberno dos Estados
Unidos, que é o único responsable da precisión e mantemento do sistema. A
precisión dos datos de localización pode verse afectada polos axustes nos satélites
GPS efectuados polo goberno dos Estados Unidos e está suxeita a modificacións
procedentes da política de GPS civil do Ministerio de defensa dos Estados Unidos e
do Plan de radionavegación federal (Federal Radionavigation Plan). A precisión
tamén pode verse afectada pola xeometría de baixo nivel do satélite. A
dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS poden verse afectadas pola súa
localización, os edificios e os obstáculos naturais ademais de polas condicións
meteorolóxicas. É posible que os sinais GPS non estean dispoñibles no interior dos
edificios ou en pasos subterráneos e que a súa transmisión non sexa posible a través
de materiais como formigón e metal.
O sistema GPS non se debe utilizar para a medición dunha localización precisa e
vostede non debe depender só dos datos de localización procedentes do receptor
GPS nin das redes de radio móbil para determinar posicións nin para a navegación.
A precisión do hodómetro é limitada, polo que é posible que se produzan erros de
redondeo. A precisión tamén se pode ver afectada pola dispoñibilidade e calidade
dos sinais GPS.
Co posicionamento baseado na ID da cela, a posición determínase a través da antena
á que estea conectado o seu dispositivo móbil nese momento.
Segundo o método de posicionamento dispoñible, a exactitude da posición pode
variar dende uns metros a varios quilómetros.