Nokia 5230 - Compartir a posición

background image

Compartir a posición

Publique a súa posición actual en Facebook e engádalle texto e unha imaxe. Os seus

amigos de Facebook poderán ver a súa posición nun mapa.
Seleccione Menu > Maps e Share loc..
Para compartir a posición, cómpre ter unha conta en Nokia e outra en Facebook.
1. Inicie sesión na súa conta Nokia. Se aínda non dispón dunha, seleccione Create

new account.

2. Inicie sesión na súa conta de Facebook.
3. Seleccione a súa posición actual.
4. Introduza o seu estado.

Mapas

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

112

background image

5. Para anexar unha imaxe á súa mensaxe, seleccione Add a photo.
6. Seleccione Share location.
Xestionar a súa conta de Facebook — Na vista principal, seleccione Accounts >

Share location settings > Facebook.
Para poder compartir a súa posición e ver a posición dos outros usuarios cómpre

estar conectado a internet. Isto pode implicar a transmisión de grandes cantidades

de datos e a aplicación de tarifas de tráfico de datos relacionadas.
O uso compartido da posición en Facebook está rexido polos termos de uso de

Facebook. Revise os termos de uso e a política de privacidade de Facebook.
Antes de compartir a súa posición con outros usuarios, teña en conta sempre con

quen a está a compartila. Comprobe os axustes de privacidade do servizo de rede

social que está a utilizar, xa que é posible que comparta a súa posición cun grupo

grande de persoas.