Planificación de rutas
Planifique a súa viaxe e cree a súa ruta para visualizala no mapa antes de saír.
Seleccione Menu > Maps e My position.
Crear unha ruta
1. Toque a situación do seu punto de inicio. Para buscar un lugar ou enderezo,
seleccione Search.
2. Toque na área de información da situación .
3. Seleccione Add to route.
4. Para engadir outro punto na ruta, seleccione Add new route point e a opción
axeitada.
Cambiar a orde dos puntos da ruta.
1. Seleccionar un punto de ruta.
2. Seleccione Move.
3. Toque o lugar ao que desexe mover o punto de ruta.
Editar a situación dun punto de ruta — Para engadir outro punto na ruta,
seleccione Edit e a opción axeitada.
Amosar a ruta no mapa. — Seleccione Show route.
Navegación ata o destino desexado — Seleccione Show route > Options >
Start driving ou Start walking.
Cambiar os axustes dunha ruta
Os axustes da ruta afectan á guía de navegación e á forma de amosarse a ruta no
mapa.
Mapas
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
117
1. Na vista do planificador da ruta, abra a pestana Settings. Para ir á vista do
planificador da ruta desde a vista de navegación, seleccione Options > Route
points ou Route point list.
2. Axuste o medio de transporte a Drive ou Walk. Se selecciona Walk, as rúas
dunha soa dirección serán consideradas como rúas normais e poderanse usar
paseos e rutas, por exemplo, a parques e centros comerciais.
3. Seleccione a opción desexada.
Seleccionar o modo de Camiñar — Abrir a pestana Settings e seleccionar Walk >
Preferred route > Streets ou Straight line. Straight line resulta útil en terreos
sen estradas, dado que indica a dirección da marcha.
Uso da ruta máis rápida ou máis curta — Abra a pestana Settings e seleccione
Drive > Route selection > Faster route ou Shorter route.
Uso da ruta de condución optimizada — Abra a pestana Settings e seleccione
Drive > Route selection > Optimised. A ruta de condución optimizada combina
as vantaxes da ruta máis curta e da máis rápida.
Tamén pode elixir permitir ou evitar, por exemplo, autovías, autoestradas ou
transbordadores.
17. Conectividade
O teléfono fornece diversas opcións de conexión á Internet, a outro dispositivo
compatible ou a un ordenador.
Conexións de datos e puntos de acceso
O seu dispositivo admite conexións de paquetes de datos (servizo de rede), como
GPRS, na rede GSM. Cando se usa o dispositivo en redes GSM e 3G, pode haber varias
conexións de datos activas ao mesmo tempo e os puntos de acceso poden compartir
unha conexión de datos. Na rede 3G, as conexións de datos seguen activas durante
as chamadas de voz.