
Definición dos axustes de correo electrónico
Seleccione Menu > Messaging e Mailbox.
Para utilizar o correo electrónico, cómpre ter definido un punto de acceso válido á
Internet (IAP) no dispositivo e definir os axustes de correo electrónico
correctamente.
Cómpre dispoñer dunha conta de correo electrónico individual. Siga as instrucións
do seu fornecedor de servizos da Internet (ISP) e da caixa de correo remota.
Mensaxería
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
62

Se selecciona Messaging > Mailbox e non ten configurada a súa conta de correo
electrónico, solicitaráselle efectuar esta acción. Para iniciar a creación dos axustes
de correo electrónico coa guía da caixa de correo, seleccione Start.
Cando se crea unha nova caixa de correo, o nome que lle asigne substituirá a Caixa
de correo na vista principal de Mensaxería. É posible dispoñer de ata seis caixas de
correo.