Perfil Desconectado
O perfil fóra de liña permite usar o dispositivo sen necesidade de conectarse á rede
móbil sen fíos. Se o perfil Fóra de liña está activo, poderá usar o dispositivo sen unha
tarxeta SIM.
Activar o perfil Fóra de liña — Prema un intre a tecla de acendido e seleccione
Offline.
Ao activar o perfil Fóra de liña, a conexión coa rede móbil péchase. Prohíbese o envío
e recepción de todos os sinais de radiofrecuencia entre o dispositivo e a rede móbil.
Se intenta enviar mensaxes mediante a rede móbil, colocaranse na carpeta Caixa
de saída para enviarse máis tarde.
Importante: No perfil Desconectado, non é posible efectuar nin recibir
chamadas, nin utilizar outras funcións que requiran o uso de cobertura de rede
móbil. Sen embargo, poderá efectuar chamadas ao número de emerxencia oficial
programado no dispositivo. Para efectuar chamadas, primeiro cómpre activar a
función do teléfono mediante a modificación dos perfís. Se se bloqueou o
dispositivo, insira o código de bloqueo.
O dispositivo
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
33