Dicionario
Seleccione Menu > Applications > Office > Dictionary.
Para traducir palabras dun idioma a outro, introduza o texto no campo de busca.
Ao introducir o texto, amósanse suxestións das palabras a traducir. Para traducir
unha palabra, selecciónea da lista. Poida que non se admitan todos os idiomas.
Seleccione Options e entre as seguintes:
● Listen — Escoite a palabra seleccionada.
● History — Atope palabras traducidas anteriormente á sesión actual.
● Languages — Cambie o idioma de orixe ou de destino, descargue idiomas de
Internet ou elimine un idioma do dicionario. O idioma inglés non se pode
eliminar do dicionario. Xunto co inglés, pode ter instalados dous idiomas máis.
21. Axustes
É posible que algúns axustes veñan preestablecidos no dispositivo polo fornecedor
de servizos, e pode que non sexa quen de cambialos.
Axustes do teléfono
Axustes de data e hora
Seleccione Menu > Settings e Phone > Date and time.
Seleccione unha das opcións seguintes:
● Time — Permite inserir a hora actual.
● Time zone — Permite seleccionar a súa posición.
● Date — Permite inserir a data.
● Date format — Permite seleccionar o formato de data.
● Date separator — Permite seleccionar o símbolo de separación dos días, meses
e anos.
● Time format — Permite seleccionar o formato de hora.