
Reprodución de videoclips
Seleccione Menu > Applications > RealPlayer.
Para reproducir un videoclip, seleccione Video clips e o clip que desexe.
Para obter unha lista dos ficheiros reproducidos recentemente, na vista principal
da aplicación, seleccione Recently played.
Na lista de videoclips, desprácese ata un clip, seleccione Options e unha das opcións
seguintes:
● Use video clip — Permite asignar un vídeo a un contacto ou axustalo como un
ton de chamada.
● Mark/Unmark — Permite marcar elementos na lista para enviar ou eliminar
varios elementos ao mesmo tempo.
● View details — Permite ver detalles do elemento seleccionado, como o
formato, a resolución e a duración.
● Settings — Permite editar os axustes da reprodución e transmisión por
secuencias de vídeo.
Outras aplicacións
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
139

Nas vistas de Videoclips, Reprod. recent. e Ligazóns de transmisión, é posible que
se atopen dispoñibles as seguintes iconas da barra de ferramentas.
●
Send — Permite enviar un videoclip ou unha ligazón de transmisión por
secuencias.
●
Play — Permite reproducir o videoclip ou a transmisión por secuencias de
vídeo.
●
Delete — Permite eliminar o videoclip ou a ligazón de transmisión por
secuencias.
●
Remove — Permite eliminar un ficheiro da lista de ficheiros reproducidos
máis recentemente.