Instalación de aplicacións
Os ficheiros de instalación pódense transferir ao dispositivo desde un ordenador
compatible, descargar durante a navegación ou recibilos nunha mensaxe
multimedia, como ficheiro adxunto de correo electrónico, ou mediante outros
métodos de conexión, como unha conexión Bluetooth.
Pode utilizar Nokia Application Installer de Nokia Ovi Suite para instalar unha
aplicación no dispositivo.
As iconas do xestor de aplicacións indican o seguinte:
Aplicación SIS ou SISX
Aplicación Java
widgets
aplicación instalada na tarxeta de memoria
Importante: Só instale e utilice aplicacións e outro software procedente de
fontes de confianza, como aplicacións Symbian Signed ou que teñan pasado a proba
Java Verified™.
Antes da instalación, teña en conta o seguinte:
● Para ver o tipo de aplicación, o número da versión e o seu fornecedor ou creador,
seleccione Options > View details.
Para ver os detalles do certificado de seguridade da aplicación, seleccione
Details: > Certificates: > View details. Controle o uso de certificados dixitais
en Xestión de certificados.
● Se instala un ficheiro que contén unha actualización ou parche para unha
aplicación existente, só pode restaurar a aplicación orixinal se posúe o ficheiro
de instalación orixinal ou unha copia de seguridade completa do paquete de
software eliminado. Para restaurar a aplicación orixinal, elimine a aplicación e
Outras aplicacións
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
136
instálea de novo desde o ficheiro de instalación orixinal ou desde a copia de
seguridade.
Para instalar aplicacións Java é preciso o ficheiro JAR. Se non se atopa, é posible
que o teléfono lle solicite a súa descarga. Se non existe ningún punto de acceso
definido para a aplicación, solicitaráselle seleccionar un.
Para instalar unha aplicación, leve a cabo as seguintes accións:
1. Para localizar un ficheiro de instalación, seleccione Menu > Settings e
Application mgr.. Tamén pode buscar os ficheiros de instalación mediante o
Xestor de ficheiros ou seleccionar Messaging > Inbox e abrir unha mensaxe
que conteña un ficheiro de instalación.
2. No Xestor de aplicacións, seleccione Options > Install. Noutras aplicacións,
seleccione o ficheiro de instalación para que esta comece.
Durante a instalación, o teléfono amosa información acerca do seu progreso. Se
instala unha aplicación sen certificado ou sinatura dixital, o teléfono amosará
unha advertencia. Continúe a instalación só se está seguro da orixe e contido da
aplicación.
Para executar unha aplicación instalada, localícea no menú e selecciónea. Se a
aplicación non posúe unha carpeta predeterminada definida, instalarase na carpeta
Installed apps. do menú principal.
Para ver os paquetes de software instalados ou eliminados e a súa data, seleccione
Options > View log.
Importante: Ó dispositivo só admite unha aplicación antivirus. Dispoñer de
máis dunha aplicación con función antivirus pode afectar ao rendemento e
funcionamento ou provocar que o dispositivo deixe de funcionar.
Despois de instalar as aplicacións nunha tarxeta de memoria compatible, os
ficheiros de instalación (.sis, .sisx) permanecen na memoria do dispositivo. É posible
que os ficheiros utilicen grandes cantidades de memoria e lle impidan almacenar
outros ficheiros. Para manter suficiente memoria, utilice Nokia Ovi Suite para facer
unha copia de seguridade dos ficheiros de instalación nun ordenador compatible
e, a continuación, utilice o xestor de ficheiros para eliminar os ficheiros de
Outras aplicacións
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
137
instalación da memoria do dispositivo. Se o ficheiro .sis é un ficheiro achegado
dunha mensaxe, elimine a mensaxe da bandexa de entrada.