Axustes de posicionamento
Seleccione Menu > Applications > Location e Positioning.
Métodos de posicionamento
Seleccione entre as seguintes opcións:
● Integrated GPS — Permite utilizar o receptor GPS integrado do dispositivo.
● Assisted GPS — Permite utilizar o GPS Asistido (A-GPS) para recibir datos de
axuda desde un servidor de datos de axuda.
● Bluetooth GPS — Permite utilizar un receptor GPS externo compatible coa
conectividade Bluetooth.
● Network based — Permite utilizar información da rede móbil (servizo de rede).
Servidor de posicionamento
Para definir un punto de acceso e un servidor de posicionamento para os métodos
de posicionamento asistidos pola rede, como o posicionamento baseado na rede
ou o GPS asistido, seleccione Positioning server. É posible que o servidor de
Posicionamento (GPS)
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
104
posicionamento estea preestablecido polo seu fornecedor de servizos e que non
sexa quen de editar os axustes.
Axustes de notación
Para seleccionar que sistema de medición desexa utilizar para as velocidades e as
distancias, seleccione Measurement system > Metric ou Imperial.
Para definir en que formato desexa que se amose a información de coordenadas
no dispositivo, seleccione Coordinate format e o formato desexado.
16. Mapas
Descrición xeral de Mapas
Seleccione Menu > Maps.
Benvido a Mapas.
Mapas amósalle o que está preto de vostede, axúdalle a planificar a súa ruta e guíao
onde quere ir.
● Busque cidades, rúas e servizos.
● Atope o camiño con indicacións paso a paso.
● Sincronice as súas localizacións e rutas favoritas entre o dispositivo móbil e o
servizo de Internet Ovi Mapas.
● Comprobe a predición do tempo e outras informacións locais, se están
dispoñibles.
Poida que algúns servizos non estean dispoñibles en todos os países, e
posiblemente só se proporcionen en determinados idiomas. É posible que os
servizos dependan de cada rede. Para obter máis información, póñase en contacto
co seu fornecedor de servizos de rede.
Case toda a cartografía dixital é imprecisa e está incompleta ata certo punto. Nunca
confíe só na cartografía descargada para utilizarse neste dispositivo.