Consellos para crear unha conexión GPS
Comprobación do estado do sinal de satélite
Para comprobar cantos satélites atopou o teléfono e se está a recibir os seus sinais,
seleccione Menu > Applications > Location e GPS data > Options > Satellite
status.
Se o dispositivo atopou satélites, aparece unha barra
por cada satélite na vista de información acerca de
satélites. Canto máis longa sexa a barra, maior
intensidade terá o sinal do satélite. Se o dispositivo
recibiu información abondo do sinal do satélite para
calcular as coordenadas da súa posición, a barra
cambia de cor.
Para ver a posición dos satélites atopados, seleccione Chg. view.
Primeiro, o dispositivo debe recibir sinais de catro satélites como mínimo para
poder calcular as coordenadas da súa posición. Despois do cálculo inicial pode que
sexa posible seguir calculando as coordenadas da súa posición con tres satélites.
No entanto, a precisión adoita mellorar cando se atopan máis satélites.
Se non se atopa ningún sinal de satélite, o problema pode radicar nun dos puntos
seguintes:
● Se se atopa nun lugar interior, diríxase ao exterior para recibir un sinal mellor.
● Se se atopa ao aire libre, desprácese ata un espazo máis aberto.
Posicionamento (GPS)
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
102
● Asegúrese de que a súa man non tapa a antena GPS do dispositivo.
● Se as condicións climáticas non son boas, a intensidade do sinal pódese ver
afectada.
● Algúns vehículos posúen cristais tinxidos (atérmicos) que poden bloquear os
sinais dos satélites.