Marcadores
Seleccione Menu > Applications > Location e Landmarks.
Mediante os Marcadores, pode gardar no dispositivo a información de posición de
localizacións específicas. Pode clasificar en diferentes categorías as localizacións
gardadas, como, por exemplo, negocios, e engadirlles máis información, como, por
exemplo, enderezos. Pode utilizar os marcadores gardados en aplicacións
compatibles, como datos GPS.
As coordenadas do GPS exprésanse utilizando o sistema de coordenadas
internacional WGS-84.
Seleccione Options e unha das seguintes opcións:
● New landmark — Crear un marcador novo. Para solicitar o posicionamento do
lugar no que se atopa, seleccione Current position. Para introducir
manualmente a información da posición, seleccione Enter manually.
● Edit — Permite editar ou engadir información a un marcador gardado (por
exemplo, un enderezo).
Posicionamento (GPS)
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
103
● Add to category — Permite engadir un marcador á categoría Marcadores.
Seleccione cada unha das categorías ás que desexe engadir o marcador.
● Send — Permite enviar un ou varios marcadores a un dispositivo compatible.
Os marcadores recibidos gárdanse no cartafol Caixa de entrada en Mensaxería.
Pode ordenar os marcadores en categorías prefixadas e crear categorías novas. Para
editar e crear novas categorías de marcadores, abra a ficha de categorías e
seleccione Options > Edit categories.