Compartir vídeo
Utilice a función de compartir vídeo (servizo de rede) para enviar vídeo en directo
ou un videoclip desde o teléfono móbil a outro dispositivo móbil compatible
durante unha chamada de voz.
O altofalante está activo cando activa o uso compartido de vídeo. Se non desexa
utilizar o altofalante para a chamada de voz mentres comparte vídeo, tamén pode
utilizar auriculares compatibles.
Aviso: A exposición continua a niveis elevados de volume pode danar a súa
capacidade auditiva. Escoite música a un volume moderado e non suxeite o
dispositivo preto do seu oído co altofalante activado.