Axustes
Para configurar a función de compartir vídeo, necesita establecer os axustes da
conexión de persoa con persoa e de UMTS.
Axustes de conexión de persoa con persoa
As conexións de persoa con persoa coñécense tamén co nome de conexión de
Protocolo de Inicio da Sesión (SIP). Cómpre configurar os axustes do perfil SIP no
dispositivo para poder utilizar a función de compartir vídeo. Solicite ao seu
fornecedor de servizos os axustes do perfil SIP e gárdeos no seu dispositivo. O seu
fornecedor de servizos pode enviarlle os axustes ou proporcionarlle unha lista dos
parámetros necesarios.
Para engadir un enderezo SIP a un contacto:
1. Seleccione Menu > Contacts.
2. Abra o contacto ou cree un novo.
3. Seleccione Options > Edit.
4. Seleccione Options > Add detail > Share video.
5. Insira o enderezo SIP co formato nomedeusuario@nomededominio (pode
utilizar un enderezo IP en lugar dun nome de dominio).
Se non coñece o enderezo SIP do contacto, pode utilizar o número de teléfono
do destinatario, incluído o prefixo de país, para compartir vídeo (se o fornecedor
de servizos de rede o admite).
Axustes de conexión UMTS
Para configurar a súa conexión UMTS:
● Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para establecer un acordo para
que utilice a rede UMTS.
● Asegúrese de que os axustes de conexión do punto de acceso UMTS do dispositivo
están configurados correctamente. Para obter máis información sobre os
axustes, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.
Realización de chamadas
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
44