Nokia 5230 - Compartir vídeos ou videoclips en directo

background image

Compartir vídeos ou videoclips en directo

Durante unha chamada de voz activa, seleccione Options > Share video.
1. Para compartir vídeos en directo durante a chamada, seleccione Live video.

Para compartir un videoclip, seleccione Video clip e o clip que desexe compartir.
É posible que teña que converter o videoclip nun formato axeitado para poder

compartilo. Se o dispositivo lle avisa de que cómpre converter o clip de vídeo,

seleccione OK. Cómpre que o dispositivo teña un editor de vídeo para que se

poida realizar a conversión.

2. Se o destinatario dispón de varios enderezos SIP ou números de teléfono

incluído o prefixo de país gardado en Contactos, seleccione o enderezo ou

número desexado. Se o enderezo SIP ou o número de teléfono do destinatario

non está dispoñible, insira o enderezo ou o número do destinatario, incluído o

código do país, e seleccione OK para enviar a invitación. O teléfono enviará a

invitación ao enderezo SIP.
A función de compartir vídeo iníciase automaticamente cando o receptor acepta

a invitación.

Opcións dispoñibles na función de compartir vídeos

ou para silenciar ou activar o micrófono

ou para activar e desactivar o altofalante

ou para deter e continuar o uso compartido de vídeo

para cambiar ao modo de pantalla completa (só dispoñible para o receptor)

3. Para finalizar a sesión da función de compartir, seleccione Stop. Para finalizar

a chamada de voz, prema a tecla Fin. Cando finalice unha chamada, a función

de compartir vídeo tamén finalizará.

Para gardar o vídeo en directo que compartiu, seleccione Yes cando se lle solicite.

O dispositivo notificaralle a posición do vídeo gardado.
Se inicia outras aplicacións mentres comparte un videoclip, a función de compartir

deterase. Para volver á vista do uso compartido de vídeo e continuar, seleccione

Options > Resume video sharing na pantalla de inicio.

Realización de chamadas

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

45