Requisitos para compartir vídeo
A opción de compartir vídeo require a utilización dunha conexión UMTS. A súa
capacidade para utilizar a función de compartir vídeo depende da dispoñibilidade
da rede UMTS. Para obter máis información sobre o servizo, a dispoñibilidade da
rede UMTS e as tarifas asociadas co uso deste servizo, póñase en contacto co
fornecedor do servizo.
Para o uso compartido de vídeo, asegúrese de que:
● O dispositivo estea configurado para establecer conexións de persoa a persoa.
● Dispón dunha conexión UMTS activa e de que se atopa dentro da zona de
cobertura de rede UMTS. Se se despraza fóra da zona de cobertura da rede UMTS
durante unha sesión de compartir vídeo, o uso compartido finalizará mentres
continúa a súa chamada de voz.
● Tanto o remitente como o destinatario se atopan rexistrados na rede UMTS. Se
convida a alguén a unha sesión para compartir contidos e o dispositivo do
destinatario non se atopa dentro da zona de cobertura de rede UMTS, non dispón
da función para compartir vídeo instalada ou non configurou as conexións de
persoa a persoa, o destinatario non recibirá as invitacións. Nese caso, recibirá
unha mensaxe de erro que lle indicará que o destinatario non pode aceptar a
invitación.
Realización de chamadas
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
43